Organización Municipal

/Organización Municipal
Organización Municipal2018-01-03T09:49:08+00:00

Nestes intres o Concello de Tordoia atópase en proceso de planificación para a elaboración dunha RPT municipal. Trátase dun instrumento técnico que permite a ordenación do persoal, dacordo coas necesidades dos servizos, e onde se precisan os requisitos para o desenvolvemento de cada posto.

As relacións laboráis no Concello ríxense por normativa supramunicipal.

No relativo aos funcionarios, estas relación regúlanse polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público

No relativo ao persoal laboral indefinido e temporal, a normativa aplicable é ademais de pola lexislación laboral e demais normas convencionalmente aplicables, polos preceptos do EBEP que así o dispoñan.

Nas seguintes ligazóns pode consultar a normativa reguladora das relación laboráis no Concello de Tordoia.

IR Á LIGAZÓN Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público

IR Á LIGAZÓN Texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores

IR Á LIGAZÓN Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

Non existe nestes intres ninguna resolución de incompatibilidade que afecte a ningún dos traballadores municipais con relación laboral vixente.

Con data 7 de decembro de 2017, publicouse no DOG nº 232 a resolución do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2018.

No caso do Concello de Tordoia, as datas dos festivos locais son:

  • 13 de febreiro de 2018, Martes de Entroido
  • 18 de maio de 2018, festa de San Isidro Labrador

IR Á LIGAZÓN DOG nº 175 festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia 2018

IR Á LIGAZÓN DOG nº 232 festas laborais de carácter local 2018