Comisións Informativas

//Comisións Informativas
Comisións Informativas2017-06-26T12:14:17+00:00

MEMBROS

Segundo acodo adoptado no Pleno extraordinario e urxente do 10 de xullo de 2015, crease a Comisión especial de Contas e segundo Decreto de Alcaldía do 31 de xullo de 2015, os integrantes de dita comisión serán os seguintes:

Polo Partido Popular (PP):

  • D. Antonio Pereiro Liñares
  • D. Amadeo Cancela Fariña
  • Da. Inés Santos Pereiro
  • D. José Manuel Cancela Cancela

Polo Partido Socialista (PSG-PSOE)

  • D. Carlos García Vázquez

Polo Bloque Nacionalista Galego (BNG)

  • Da. Mª Pilar García Pereiro

CELEBRACIÓN DE SESIÓNS

Dando cumprimento ó disposto no art. 212 1 e 2 da LALG, a Comisión Especial de Contas reunirase con carácter ordinario no suposto que establece o artigo 212.1 in fine, e 212.3 da LALG, e nas reunións preceptivas que deberán ter lugar con anterioridade ó pronunciamento do Pleno en asuntos da súa materia, agás cando teñan que adoptarse acordos declarados urxentes. Poderán, nembargantes, realizar sesións extraordinarias cando o decida o seu presidente ou o soliciten a cuarta parte, cando menos, do número legal de membros.

FUNCIÓNS

Corresponde á Comisión Especial de Contas o exame, estudo e informe de todas as contas, orzamentarias e extrapresupuestarias, que deba aprobar o Pleno da Corporación, de acordo co establecido na lexislación reguladora da contabilidade das entidades locais.