Xunta de Gobierno

//Xunta de Gobierno
Xunta de Gobierno2016-10-19T14:25:31+00:00

MEMBROS

Segundo decreto de Alcaldía 91/2015 son membros da Xunta de Goberno Local, presidida polo Señor alcalde, os seguintes Concelleir@s:

1º Tenente de Alcalde: Inés Santos Pereiro
2º Tenente de Alcalde: Amadeo Cancela Fariña
3º Tenente de Alcalde: José Manuel Cancela Cancela

 CELEBRACIÓN DE SESIÓNS

As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local terán lugar o segundo e cuarto xoves, non festivo, de cada mes as 12:00 horas, sen prexuízo de posibilidade de variación motivada.

 FUNCIÓNS

A Xunta de Goberno Local, ten como competencia básica prestar asistencia e asesoramento a esta Alcaldia no exercicio das súas atribucións, e ostenta, por delegación da mesma, as competencias seguintes:

– A concesión e transmisión de autorizacións de apertura de establecementos.

– Concesión e transmisión de autorizacións urbanísticas

– Declaración, de interese xeral de construcións e instalacións e emprazar en solo rústico.

– Concesión, transmisión ou modificación de autorización de auto-taxi e demáis vehículos de aluguer, así como declaración de caducidade das mesmas.

– Expediente a efectos en materia de medio ambiente.

– Aprobación de facturas de importe igual ou superior a 1.200,00€

A delegación comprende tanto as facultades de dirección como a xestión de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.