Participación

/Participación
Participación2016-12-02T18:37:48+00:00

Para participar realizando unha consulta:

Ao abeiro da Lei de Transparencia, calquera cidadá ten dereito de acceso á información pública, cos límites contidos na propia Lei (artigos 14-16).

Para realizar unha consulta, deberase dirixir a solicitude ao Alcalde-Presidente do Concello de Tordoia, incluindo a seguinte información:

  1.  A identidade do solicitante
  2.  A información que se solicita
  3.  Unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicación
  4.  No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada (escrito, email, etc)

Non é obrigatorio motivar a solicitude, pero poderán expoñerse os motivos polos que solicita a información, e serán tidos en conta cando se dite a resolución.

Con todo, a ausencia de motivación non pode ser por si mesa causa de rexeitamento da solicitude.

Para realizar a solicitude de información, pode utilizarse a instancia tipo do concello dispoñible na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Instancia tipo

Para participar na valoración dos servizos:

Dende o Concello convídase a participar a todos os veciños e veciñas na valoración dos servizos municipais, para poder seguir mellorando a xestión municipal.

Na seguinte ligazón pode cubrir a enquisa de avaliación de calquera dos servizos municipais, nos que ademáis de dar unha valoración, pode deixarse calquera outro comentario que poida colaborar no desenvolvemento dos servizos

FACER A ENQUISA NIVEL DE CALIDADE DOS SERVIZOS MUNICIPAIS ONLINE